O Apóstolo Santiago o Maior é un dos doce discípulos de Xesucristo. Irmán de Xoán, o Evanxelista, é fillo de Zebedeo e María Salomé. Xunto con Pedro e Xoán, pertence ao grupo dos tres discípulos privilexiados que foron admitidos por Xesús nos momentos importantes da súa vida, como na súa agonía na horta de Getsemaní e no acontecemento da Transfiguración. Segundo os Feitos dos Apóstolos, Santiago foi o primeiro apóstolo martirizado, degolado por orde de Herodes Agripa cara ao ano 43 en Xerusalén. A tradición relata como o seu corpo é trasladado por mar ata as terras galegas, sendo enterrado nun bosque, donde hoxe se levanta a súa Catedral.

A CHamada de Santiago

A continuación, pódese ampliar información sobre a historia e o culto ao Apóstolo Santiago con este extracto de "Iacobus", catálogo da exposición do mesmo nome, que acolleu a Catedral de Santiago en 2013. Texto de Segundo L. Pérez, Deán da Catedral de Santiago.

 

 

 

----------

 

O Papa Bieito XVI, na súa Audiencia Xeral do mércores 21 de xuño de 2006, debuxou unha fermosa biografía de Santiago o Maior.