A Oficina do Peregrino é o lugar de acollida e recibimento aos peregrinos que chegan a Santiago, xa sexa camiñando, en bicicleta ou a cabalo ata a Tumba do Apóstolo Santiago o Maior. Aquí estámpase o selo final do Camiño, o da Catedral de Santiago, nas "credenciais de peregrino" e expídese o certificado tradicional da peregrinación, a coñecida como Compostela.

Oficina de Acollida ao Peregrino: Rúa Carretas, 33 - CP 15705. Santiago de Compostela

Teléfono: 0034 981 568 846

hORARIO

Semana Santa e desde o 1 de abril ao 31 de outubro: aberta de 8:00 a 20:00 horas (a hora de peche pode adiantarse ata 60 minutos en función da afluencia).

En inverno, desde o 1 de novembro ata o 31 de marzo (excepto Semana Santa): aberta de luns a domingo, de 10:00 a 19:00 horas.

(Pechado os días 25 de decembro e 1 de xaneiro).

Máis información