RGPD - Cookies

Plan Director

PLAN DIRECTOR CATEDRAL DE SANTIAGO

O Plan Director da Catedral de Santiago establece as obras necesarias para a súa restauración e garantir a súa conservación. Unha análise previa, a partir de 25 áreas de estudo, detectou 534 patoloxías que afectan as fábricas da catedral, que se agruparon en 10 tipos diferentes de lesións:

  • Danos estruturais
  • Deterioración de pedra granítica
  • Acción de humidades
  • Suciedade de contaminación
  • Actuacións perturbadoras
  • Carpintarías deficientes
  • Reixas en mal estado
  • Acabados interiores deteriorados
  • Elementos mal trazados
  • Defectos en instalacións

O Plan Director tamén establece novos usos e reordena espazos, de manera especial o claustro, para mellorar os servizos ofrecidos polo Museo.

En función das prioridades e urxencias de actuación, o Plan Director organiza un programa de 89 intervencións: prioritarias, secundarias e de remate.

O coste total estimado das obras é de 30 millóns de euros.