Presentación do libro «A Catedral dos Camiños. Unha biografía da igrexa de Santiago».

A Sala de Armas do Pazo de Xelmírez foi escenario da presentación do libro «A Catedral dos Camiños. Unha biografía da igrexa de Santiago». Trátase dunha grande obra elaborada a modo de actualización da arte e da historia da basílica xacobea e que nace con vocación de ser considerada de referencia, tanto para o público en xeral como para os estudosos. A obra constitúese a modo de peregrinación no tempo ao longo dos séculos de historia da catedral e contén numeroso aportacións novidosas, froito do coñecemento que se está a xerar a partir do desenvolvemento das actuais obras de restauración.

O proxecto foi coordinado por Xosé Manuel Villanueva e contouse coas achegas de Ermelindo Portela, Fernando López Alsina, Pegerto Saavedra, Manuel A. Castiñeiras, Alfredo Vigo, Pablo Costa, Fernando Pérez, Belén Castro, Ramón Yzquierdo Peiró, José Manuel García Iglesias e Ramón Yzquierdo Perrín.

Na presentación participou o Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, xunto co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O libro ve a luz grazas á colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, que asinou un convenio co Catedral de Santiago.

Vídeo da presentación