A Xunta de Galicia colabora na seguridade e mantemento da Catedral de Santiago

A Xunta de Galicia vai colaborar no apoio ao funcionamento en condicións de seguridade na Catedral de Santiago, debido ás necesidades especiais que se derivan tanto dos efectos da pandemia como da celebración do Ano Santo, extendido ao 2022.

Neste sentido, vense de asinar un convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a SAMI Catedral de Santiago, para o funcionamento en condicións de seguridade da Catedral durante os anos 2021 e 2022. Grazas a este convenio, habilitaranse para estas necesidades un total de 205.590 euros.