O cóengo e director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo Santos pronunciou hoxe o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) como académico da sección de arqueoloxía e museoloxía. O acto, que se celebrou esta tarde no Paraninfo do Pazo de Fonseca, estivo presidido polo titular da RAGBA, Manuel Quintana Martelo. Emocionado e agradecendo a presenza de familiares e amigos, Daniel Lorenzo pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado “Soños e proxectos sobre o Museo Catedral”.