Este ano, os Beléns propiedade da Catedral de Santiago quedarán instalados en dous espazos diferentes da cidade, a igrexa de Santo Agostiño, pertencente aos xesuítas, e a igrexa do Convento do Carme. Trátanse de dúas montaxes de grandes dimensións, con diferentes escenas relacionadas con Nacemento de Xesús e que, entre os dous, suman case un milleiro de pezas, entre figuriñas e construcións.
Na igrexa de Santo Agostiño poderase visitar un belén de estilo popular, con figuras de Nicolás Almansa, con preto de 70m2 e unhas 530 figuras realizadas de modo artesanal, algunhas delas con automatismos.
Pola súa banda, a igrexa do Convento do Carme acolle un belén de estilo napolitano. Conta con arredor de cincocentas figuras, realizadas de maneira artesanal, vestidas, e moitas deles tamén con automatismos, que permiten dotalas de movemento. Con preto de 50 m2, nel represéntanse, ademais do Nacemento de Xesús, a Anunciación aos pastores e o cortexo dos Reis Magos, multitude de esceas de vida cotiá e oficios tradicionais.
Estes dous beléns son propiedade da Catedral de Santiago, grazas á colaboración de Turismo de Galicia, e poderán visitarse ata o próximo 6 de xaneiro.
BELÉN NAPOLITANO DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Lugar: igrexa do Convento do Carme.
Todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h (25 decembro e 1 de xaneiro só pola mañá).
BELÉN POPULAR DA CATEDRAL DE SANTIAGO
Lugar: igrexa de Santo Agostiño.
Todos os días de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 h (25 decembro e 1 de xaneiro só pola tarde).