A Fundación Catedral prepara a elaboración dun catálogo da colección de pintura da catedral

Como parte do proxecto de investigación, catalogación e difusión das coleccións de pintura que atesoura a basílica xacobea, a Fundación Catedral de Santiago está a preparar a edición dun libro catálogo no que se recollan todas as obras pictóricas que se conservan catedral, tanto as de tipo mural como os cadros que se expoñen no Museo e noutras estanzas catedralicias. A obra contará, ademáis, con catro capítulos explicativos sobre o contexto e os autores destas obras, organizado por períodos históricos, a cargo de varios historiadores da arte vinculados á Universidade de Santiago. Así, David Chao, será o encargado das aspectos relacionados coas pinturas e miniaturas medievais, José Manuel García Iglesias, sobre a disparidade de propostas pictóricas do século XVI, Juan Monterroso, sobre os séculos XVII e XVIII, e Ramón Yzquierdo Peiró, sobre a pintura contemporánea na catedral.

O proxecto realízase grazas ás axudas do Programa FO200 da Deputación da Coruña.