
A Torre do Tesouro da catedral é un dos espazos que participa nesta edición da Semana do Patrimonio Invisible, que se celebra este ano entre o 9 e o 14 de setembro. Esta senlleira forma piramidal é un dos emblemas da arte do renacemento en Compostela, e foi restaurada completamente nos anos 2019 e 2020.
Os visitantes puideron aprezar tamén o espazo de almacenaxe que ocupa parte do corredor da fachada do Tesouro, no que o Museo conserva parte da súa importante colección de artes téxtiles.