Co gallo do Día das Letras Galegas, que cada ano se celebra o 17 de maio, o Arquivo da Catedral de Santiago organizou unha pequena exposición formada por documentos escritos en lingua galega pertencentes a cregos vencellados coa catedral compostelá. Neste sentido, expóñense documentos, tanto orixinais coma facsímiles, dende o século XVI ata a actualidade, entre eles o vilancico en galego máis antigo representado en Galicia, do ano 1790. Tamén poden verse documentos máis recentes, como a primeira edición de A tecedeira de Bonaval, de López Ferreiro (procedente da sú biblioteca persoal), poemas escritos en galego polo Arcebispo Lago González ou un artigo en galego do Cardeal Quiroga Palacios.
A exposición pode visitarse na Biblioteca capitular da catedral de Santiago, que forma parte do percorrido de visita do Museo.