
Para coñecer un pouco máis o Museo Catedral de Santiago, nas vindeiras semanas realizaranse unha serie de emisións en directos a través da rede social Instagram. Con recoñecidos expertos en arte e historia, estes directos descubrirán algúns dos tesouros que conserva o Museo e que son testemuña da historia da basílica xacobea. Neste sentido, divulgaranse temáticas pouco coñecidas, como a importante colección de tapices da catedral, detalles sobre a restauración do Pórtico da Gloria, a vestimenta medieval de personaxes soterradas no Panteón Real ou algunhas pezas, obras mestras de ourivería e pratería, que se conservan no relicario catedralicio. A estas emisións en directo, sumaranse outros pequenos vídeos divulgativos, elaborados por diferentes temáticas, e que serán publicados durante as vindeiras semanas. Este proxecto de difusión cultural é posible grazas as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Próximos directos:
-Martes 15 de xullo, 9:45 h. Os tapices da Catedral, con Ramón Yzquierdo, director técnico do Museo Catedral de Santiago.
-Mércores 21 de xullo, 13:45 h. As cubertas da catedral, con Claudia Gómez Cabrera, guía do Museo Catedral de Santiago.
-Mércores 30 de xullo, 9:45 h. O Panteón Real a través da indumentaria, con Mónica Rey Cabezudo, historiadora da arte (Grupo Iacobus da USC).