Esta tarde, no Museo de Melide, o seu director, Xosé Manuel Broz, e o director da Fundación Catedral de Santiago, participaron no acto de sinatura da doazón á catedral de Santiago da táboa co relevo que representa a Penitencia de San Domingos, que formaba parte do coro de madeira que se situaba na nave central da basílica xacobea.
Este coro lígneo, realizado en 1606 por Gregorio Español e Juan Davila, foi retirado na década dos anos 40 do século XX e, tras diversas vicisitudes, foi recolocado no coro alto da igrexa de San Matiño Pinario, onde hoxe pode visitarse. Durante o proceso de retirada do coro, unha das táboas dos sitiais acabou en mans do médico odontólogo Ricardo Calvo García, quen a cedeu ao Museo de Melide, mediante un pacto de palabra na que estiveron presentes, entre outros, o doutor Eladio García, que asistiu como testemuña e asinante de palabra. As condicións establecían que dita táboa debía permanecer no Museo de Melide ata o falecemento de Ricardo García e da súa dona, pasando logo a propiedade definitiva do Museo. Neste senso, unha vez finiquitada dita cláusula polo falecemento dos doadores, a peza propiedade xa do Museo, pode ser cedida á Catedral para a súa restitución. Durante os primeiros meses deste ano, o Museo de Melide comezou as xestións administrativas para doar esta táboa á Catedral de Santiago, de maneira que poda ser recolocada e restaurada na súa lexítima ubicación.
Unha vez na catedral, examinarase o seu estado de conservación, procedendo a realizar os traballos de restauración necesario, como paso previo a súa colocación no coro reconstruído.
Información complementaria sobre a táboa «A penitencia de San Domingos»: