Esta tarde, a cripta do Pórtico da Gloria acolía a presentación do libro A Catedral de Santiago ao descuberto. Trátase dunha publicación que recolle una colección de fotografías da basílica xacobea, unha vez rematada a súa restauración, realizadas polo fotógrafo compostelán Adolfo Enríquez, quen ademais é o editor. Conta con textos do director técnico do Museo da Catedral, Ramón Yzquierdo, quen fai un repaso pola arte e a historia da catedral. A publicación repasa, dun xeito divulgativo, os resultados das actuacións de restauración e recuperación desenvolvidas durante os últimos dez anos no conxunto catedralicio. Nela reflíctense elementos artísticos ata agora ocultos ou deteriorados, que quedaron ao descuberto grazas ás intervencións realizadas.
Na presentación tamén estiveron presentes o secretario xeral de Políticia Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García e o cóengo e director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo.