Durante o venres 3 de febreiro celebrouse unha xornada monográfica ao redor do patrimonio en madeira da catedral. Neste sentido fíxose un repaso polas últimas intervencións restauradores que incluiron algún traballo relacionado coa madeira, e que contou coa colaboración técnica da Axencia Galega de Industria Forestal. No marco desta xornada, realizouse unha visita ao baldaquino da catedral, recentemente restaurado, e cuxos traballos contaron coa colaboración do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da madeira de Galicia (XERA-CIS Madeira). Neste ámbito, en 2018 realizouse unha actuación previa, unha intervención estructural, que incluiu un apeo provisional. Entre abril e decembro de 2020 desenvolvéronse os traballos propios de restauración, que afectaron tanto ás estructuras de madeira, como aos grupos escultóricos e á policromía de todo o conxunto. Tamén se procedeu á estabilización das figuras das virtudes.