
Como parte do proxecto de investigación, catalogación e difusión das coleccións de pintura que atesoura a basílica xacobea, dende a Fundación Catedral de Santiago organízase a Xornada Iacobus. Será o martes 18 de marzo, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, e as inscricións poden realizarse a través do enderezo electrónico monograficosiacobus@gmail.com.
A xornada realízase en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus, da USC, grazas ás axudas do Programa FO200 da Deputación da Coruña.