Permisos

A Catedral de Santiago é unha basílica que conxuga o espazo para o culto e a oración co uso turístico e cultural. Os seus espazos resultan atractivos para a visita e foi, desde sempre, escenario para producións audiovisuais e reportaxes, así como centro para o estudo e análisis dos seus fondos documentais. A necesidade de regular os seus usos fai necesario establecer unha serie de normas coas que garantir o normal desenvolvmento de actividades litúrxicas e outros eventos.

Para realizar reportaxes fotógraficos e gravacións audiovisuais na Catedral é preciso contar con autorización. Tamén é preciso contar con autorización para acceder aos fondos documentais da Catedral co obxectivo de realizar estudos e investigacións.

Descarga aquí o Formulario para solicitar autorización para rodar ou tomar imaxes na Catedral. Debes cumprimentalo e envialo á dirección prensa@catedraldesantiago.es

Descarga aquí as Normas para a gravación e toma de imaxes na Catedral de Santiago

Descarga aquí as Tarifas para a gravación e toma de imaxes na Catedral de Santiago.

Actividades Culturais

A Catedral de Santiago acolle a organización de actividades culturais ao longo de todo o ano, de maneira que se converte en escenario de exposicións, concertos ou presentacións.

Para solicitar a organización dun evento de tipo cultural nalgún espazo da Catedral pódese solicitar información no teléfono 981 569 327 ou no correo electrónico fundacion@catedraldesantiago.es.