RGPD - Cookies

Liturxia

O Arcebispado

A Catedral de Santiago é a igrexa nai da Arquidiócese Compostelá. Nela está a cátedra do seu Arcebispo: de aí o nome da Catedral. A súa singularidade radica en posuír a tumba do Apóstolo Santiago, o que a converte a partires do século XI nun dos máis importantes santuarios de toda a cristiandade. A él concorrren peregrinos de todas as partes do mundo.

É, ante todo, casa de oración e centro de vida sacramental, que propicia a reconciliación con Deus no sacramento da penitencia e o crecemento da vida cristiá na Eucaristía. O seu eido está cargado de resonancias históricas e de palpitacións artísticas.

Don Francisco José Prieto Fernández é Arcebispo de Santiago de Compostela dende 2023.

O cabido

O cabido, como colexio de sacerdotes que exercen, en comuñón co Arcebispo e coa Igrexa universal, o seu ministerio sacerdotal na Catedral de Santiago de Compostela servindo ao Pobo de Deus, ten como cometido singular o ser custodios das reliquias do Apóstolo Santiago.

Ademais, entre as súas funcións ordinarias están:

  • Preparar y celebrar las funciones litúrgicas en la Basílica.
  • Solemnizar el día del Domingo y las fiestas.
  • Celebrar, cotidianamente, la Misa conventual y la Liturgia de las Horas
  • Ofrecer una adecuada atención pastoral y litúrgica a los fieles.
  • Promover el culto Jacobeo.
  • Asumir la responsabilidad histórica de la Catedral: origen y culmen del Camino de Santiago
  • Acoger y alentar a los peregrinos.
  • Fomentar los estudios históricos, culturales y artísticos de la tradición jacobea.

Cabido da SAMI Catedral de Santiago

  • Ilmo. Sr. Don José Fernández Lago, Deán Presidente
  • M. I. Sr. Don Manuel Silva Vaamonde
  • M. I. Sr. Don Salvador Domato Búa
  • M. I. Sr. Don Luis Otero Outes
  • M. I. Sr. Don Daniel Carlos Lorenzo Santos, Canónigo Doctoral.
  • M. I. Sr. Don Elisardo Temperán Villaverde, Secretario Capitular e Prefecto de Cerimonias
  • M. I. Sr. Don Segundo Leonardo Pérez López
  • M. I. Sr. Don Carlos Álvarez Varela
  • M. I. Sr. Don Manuel Ferreiro Méndez
  • M. I. Sr. Don Manuel Jesús Formoso Fernández
  • M. I. Sr. Don Francisco Javier Buide del Real
  • M. I. Sr. Don Víctor Suárez Gondar

Canónigos Eméritos:

  • M. I. Sr. Don José María Díaz Fernández
  • M. I. Sr. Don Antonio Suárez Carneiro

HORARIOS DE MISA

07:30 h. Altar Maior. MISA DO PEREGRINO.

9:30 h. Altar Maior. MISA DO PEREGRINO.

11:00 h. Parroquia da Corticela.

12:00 h. Altar Maior. MISA DO PEREGRINO.

19:30 h. Altar Maior. MISA DO PEREGRINO.

 

En diferentes idiomas.

Nas capelas de Santa Catarina, Santo Antonio, Virxe da Soidade, San Xoán, Salvador e Mondragón.

Capela da Comuñón

Exposición do Santísimo Sacramento, de 10:15 h a 19:00 h

Santo Rosario, ás 18:30 h

Se desexa colaborar coa adoración ao Santísimo Sacramento, pode dirixirse á sancristía.

>Gottesdienst in deutscher Sprache. Täglich, 8 Uhr. San Fiz Kirche.

>Messe en français. 9 heures. Chapelle du Centre d’Accueil des Pèlerins.

>Mass in English language, 10:30 am. Pilgrim’s Office Chapel

 

*As misas para grupos organízanse na capela do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino. Contactar con misasprivadas@catedraldesantiago.es.

O Cabido da Catedral Compostelana posibilita ofrecer unha Misa para que sexa celebrada na Basílica do ApóstolO Santiago. É necesario formalizar unha petición enviando un correo electrónico a secretario@catedraldesantiago.es no que conste a intención pola que aplicase a Misa e ingresar, como limosna ou estipendio, a cantidade de 10€, ou a limosna habitual de cada país:

Titular: SAMI CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Entidad: SCH
IBAN:  ES97 0049 2584 90 2214012533
BIC/SWIFT: BSCHESMMXXX

(Decreto de tasas e ofrendas parroquiales)


Botafumeiro

O Botafumeiro é un dos símbolos máis famosos e populares da Catedral de Santiago de Compostela. É un incensario de grandes dimensións que se move desde a cúpula central da Catedral, desde onde colga por un sistema de poleas, cara ás naves laterais. Oito homes son necesarios para movelo, os coñecidos “tiraboleiros”. Pesa 53 kg e mide 1,50 metros; está suspendido a unha altura de 20 metros e pode alcanzar o 68 km/h.

O Botafumeiro utilízase por motivos litúrxicos, do mesmo xeito que calquera sacerdote utilizaría un incensario no altar, e funciona nas principais solemnidades da Catedral, durante a procesión de entrada, ou ao finalizar a Eucaristía. Este gran incensario quere simbolizar a verdadeira actitude do crente. Así como o fume do incenso sobe cara ao máis alto das naves do templo, así tamén as oracións dos peregrinos deben alzarse cara ao corazón de Deus. E así como o aroma do incenso perfuma toda a basílica compostelá, de igual modo o cristián, coas súas virtudes e o testemuño da súa vida, debe impregnar do bo cheiro de Cristo, a sociedade na que vive.

A primeira referencia documental que se ten do Botafumeiro é unha anotación nunha folla do Códice Calixtino, no que se lle chama “Turibulum Magnum”. Ao longo da historia houbo varios botafumeiros; actualmente hai dous exemplares, un en latón que data de 1851 e é obra de José Losada, substituíu ao roubado durante a ocupación francesa e é o que se utiliza habitualmente. O segundo Botafumeiro é unha réplica en prata do anterior e foi regalado ao Apóstolo polos Alféreces Provisionais en 1971. Unicamente colócase no cruceiro da Catedral cando funciona, gardándose habitualmente na Biblioteca Capitular.

Solemnidades nas que funciona o Botafumeiro:

  • Epifanía do Señor: 6 de xaneiro
  • Domingo de Resurrección
  • Ascensión do Señor
  • Aparición do Apóstolo-Clavijo: 23 de maio
  • Pentecostés
  • Martirio de Santiago: 25 de xullo
  • Asunción de María: 15 de agosto
  • Todos os Santos: 1 de novembro
  • Cristo Rey
  • Inmaculada Concepción: 8 de decembro
  • Nadal: 25 de decembro
  • Traslación do Apóstolo Santiago: 30 de decembro.

Tamén pode funcionar o Botafumeiro con ocasión de peregrinacións que o solicitaron á Catedral. Para a reserva do Botafumeiro débese dirixir ao e-mail: botafumeiro@catedraldesantiago.es.