RGPD - Cookies

Peregrinación

Oficina do Peregrino

A Oficina do Peregrino é o lugar de acollida e recibimento aos peregrinos que chegan a Santiago, xa sexa camiñando, en bicicleta ou a cabalo ata a Tumba do Apóstolo Santiago o Maior. Aquí estámpase o selo final do Camiño, o da Catedral de Santiago, nas “credenciais de peregrino” e expídese o certificado tradicional da peregrinación, a coñecida como Compostela.

Oficina de Acollida ao Peregrino: Rúa Carretas, 33 – CP 15705. Santiago de Compostela

Teléfono: 0034 981 568 846

A Peregrinación a Santiago de Compostela

Peregrinar é un rito común á inmensa maioría das relixións. Santiago é unha das tres grandes cidades de peregrinación do cristianismo, xunto a Xerusalén e Roma. Cando os cristiáns europeos ven amenazada a súa fe polo avance do Islam afírmanse nela peregrinando ao recén descuberto Sepulcro de Santiago Apóstolo, a partir do século IX. Así crearonse, paso a paso, rutas que conducían a Santiago de Compostela, dando lugar a unha forma de unidade entre os diferentes países e rexións europeos. Os séculos XII e XIII foron a época dourada da peregrinación a Santiago. Posteriormente, o Renacemento e a época da Reforma víronse acompañados por ataques ao fenómeno xacobeo que, nembargantes, mantívose en pé, aínda que con menor afluencia de peregrinos. A Bula de León XIII “Deus Omnipotens”, que verificaba a autenticidade das reliquias apostólicas, significou un novo impulso á peregrinación xacobea, medrando ao longo do século XX ata os nosos días, nos que a peregrinación amósase con forza e auxe.

A peregrinación a Santiago condúcenos á Tumba dun Apóstolo, un dos doce que formou parte do círculo íntimo de Xesucristo e que foi responsable da evanxelización de Hispania, é dicir, foi o transmisor da fe orixinal recibida de Xesús.

O camiño

Existen distintas rutas para peregrinar a Santiago. Tradicionalmente, o peregrino partía do seu fogar para chegar á “Casa de Santiago”, á Catedral, e polo tanto sería difícil establecer todas as rutas de peregrinación. O Camiño de Santiago non é un fin en sí mesmo, senón un medio para chegar á meta: a Tumba de Santiago. Nembargantes, podemos dicir que existen rutas destacadas e tradicionais que concentran a afluencia de peregrinos:

O Camiño Francés

Ruta máis frecuentada hoxe en día e que entra na Península por Roncesvalles, pasando por Pamplona, Logroño, Burgos, León, Astorga, Ponferrada, entrando en Galicia por O Cebreiro.

O Camiño do Norte

Bordea a costa cantábrica, pasando por Irún, San Sebastián, Bilbao, Santander, Xixón, Avilés e entrando a Galicia desde Ribadeo.

O Camiño Primitivo

Parte de Oviedo e conduce ao peregrino hacia Santiago polo interior de Asturias, pasando por Lugo e uníndose no último tramo ao Camiño do Norte e ao Camiño Francés.

O Camiño Inglés

Así coñecido pola afluencia de peregrinos das illas británicas, que viaxaban por man desembarcando na Coruña ou Ferrol e desprazándose desde alí a pe.

O Camiño Portugués

Discorre por distintas rutas en Portugal (interior e costa) ata entrar en territorio galego por Tui.

O Camiño Portugués da Costa

Dende Oporto, percorre o litoral portugués ata Caminha e entra en territorio galego pola Guarda, tras cruzar a desembocadura do Miño.

A Vía da Plata

Procede de Sevilla, Mérida, Zamora e que entra en Galicia por Ourense.

Máis información e percorridos na web da Oficina do Peregrino

A peregrinación debe prepararse desde distintos puntos de vista: o físico, o espiritual e tamén informándose na Oficina do Peregrino de Santiago, nos Bispados, nas Confrarías de Santiago, nas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, nas que os antigos peregrinos ou personas cercanas á peregrinación poden facultar datos interesantes ou consellos prácticos.

Chegada e estancia en Santiago

 

Ritos do peregrino

ABRAZO AO APÓSTOLO

VENERACIÓN DO SEPULCRO DO APÓSTOLO SANTIAGO

Ano Santo

O Ano Santo ou Ano Xubilar Compostelán é un tempo no que a Igrexa concede singulares grazas espirituais aos fieles, a imitación do que a Biblia di do ano xubilar aos israelitas: Cada 7 anos era Ano Sabático, nel recuperábanse as terras quen as tiña vendido por necesidade e os esclavos adquirían a súa liberdade. Cada 50 anos era Ano Xubilar (Lv, 25).

Xesús di que Él vén a anunciar un ano de graza do Señor (Lc, 4, 16).

A Igrexa Compostelá, co seu Ano Santo, concede tamén un especial ano de graza

É Ano Santo Compostelán cando o 25 de xullo, Conmemoración do Martirio de Santiago, coincide en domingo. Prodúcese coa periodicidade 11, 6, 5, 6 anos. Ten a súa orixe no 1122, co papa Calixto II, confirmado posteriormente polo Papa Alexandre III na Bula “Regis aeterni” de 1179, conferíndolle perpetuidade.

A Sé de Pedro alabou reiteradamente ao longo dos séculos a peregrinación a Santiago e ao Ano Santo.

“Nos exhortamos a todos amadísimos fillos a seguir esa vía de fidelidade evanxélica, de autenticidade cristiá e de iluminada esperanza que, a través dos séculos, guiado a tantas almas ata o Templo Compostelán”. (Pablo VI: A. St 1971).

“Comparto a ledicia…polo tempo de graza e perdón que o Señor se digna conceder, unha vez máis, á querida comunidade de España e de toda a cristiandade… que o Xubileo sexa para todos ocasión de verdadeira reconciliación”. (Xoán Paulo II: A St 1982).

“Invito aos peregrinos a que fagan acopio das suxestivas experiencias de fe, caridade e fraternidade que atopen na súa andaina, a que vivan o Camiño sobre todo interiormente, deixándose interpelar pola chamada que o Señor fai a cada un deles. Así poderán dicir con gozo e firmeza no Pórtico da Gloria: «Creo»”. (Bieito XVI: A St 2010). 

Para gañar o Xubileo requírese:

  • Visitar a Tumba do Apóstolo na Catedral e rezar alguna oración.
  • Recibir o Sacramento da confesión (xa sexa na Catedral ou en calquera outro lugar quince días antes ou despois).
  • Recibir a Comuñón. Esta Indulxencia é aplicable aos finados.

Nin a Graza do Xubileo nin a peregrinación están vinculadas, de seu, a Compostela. Pódese gañar o Xubileo viaxando por calquera medio e é posible recibir a Compostela sen gañar o Xubileo.

Indulxencia plenaria, que se puede lucrar unha vez ó día (aplicable aos finados), con estas condicións:

  • Visitar a Catedral recitando algunha oración vgr. Padrenuestro e Credo, orando polas intencións do Romano Pontífice.
  • Recibir os sacramentos da confesión (pode ser 15 días antes o despois) e a sagrada comuñón.

Facultades para confesores:

  • Confesar na Catedral, nas parroquias da cidade e no Monte do Gozo, todos os sacerdotes con licenza para confesar.
  • Absolver de “censuras” excepto as reservadas á Santa Sé (v. CIC c 1367, 1370, 1378, 1382 y 1383) pero coas facultades que outorgan os cc 976 y 1357.
  • Conmutar e dispensar de votos nas condicións establecidas pola Igrexa.

Acollida Cristiá no Camiño

A Acollida Cristiá no Camiño (ACC) é o empeño dun significativo número de Diócese e de albergues de Igrexa (parroquiais, de ordes relixiosas, de cofradías) por mellorar a súa atención aos peregrinos do Camiño de Santiago. É verdade que a peregrinación a Santiago creceu e cambiou moito nos últimos anos. A motivación relixiosa non é a única, e para moitos peregrinos non é a fundamental. Con todo, o é para un importante número deles, que buscan unha mellor atención relixiosa e espiritual. E en definitiva Cristo -Camiño, Verdade e Vida- segue e seguirá saíndo ao encontro de todo home que se fai peregrino e propoñéndolle o seu Evanxeo de salvación. A Igrexa estivo implicada dende o principio na hospitalidade aos peregrinos. Actualmente teñen un peso nesta hospitalidade outros axentes que hai trinta anos non estaban presentes no Camiño: institucións, organizacións altruístas, empresas privadas. Xustamente agora que os aspectos de atención humanitaria están mellor garantidos por esta oferta tan plural, xorde a necesidade de ofrecer unha acollida máis identificada. Cada un debe estar no Camiño como o que é, e a Igrexa está para facer presente a Cristo e conducir a un encontro con el, porque cre firmemente que só el sacia de verdade o fame e a sede, cura de verdade as feridas do alma, e alivia o cansazo do corazón do home. Que el é a meta e o sentido de todo peregrinar humano.

En ACC están implicados:

– A Oficina de Atención ao Peregrino de Santiago de Compostela

– A Comisión Interdiocesana de delegados do Camiño de Santiago

– Unha serie de comunidades relixiosas, masculinas e femeninas, que realizan acollida no Camiño: benedictinas, agustinas, cistercienses, franciscans, dominicos…

– Diversos párrocos e albergues parroquiais

– Hospitaleiros que dedican o seu tempo e o seu entusiasmo a atender as peregrinos en albergues de Igrexa e intentan acompañalos no camiño da fe.

Se crees que o teu albergue ou parroquia debería participar nesta iniciativa, escríbenos a: info@acogidacristianaenelcamino.es

Más información en acogidacristianaenloscaminosdesantiago.org