A Xunta de Galicia continúa apoiando o mantemento da seguridade na Catedral de Santiago e na Oficina de Acollida ao Peregrino, debido ás necesidades especiais que se derivan do seu cara´cter de centro turístico de primeiro orde e de meta de peregrinación. Neste sentido, vense de asinar un convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago, para o apoio e reforzo da seguridade no complexo catedralicio. Grazas a este convenio, habilitarase un total de 730.231 euros para o reforzo de persoal de seguridade e 324.652 euros para seguir apoiando e reforzando o funcionamento do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, para una maior atención e información aos peregrinos que chegan á capital galega.