Esta mañá, o Deán da Catedral de Santiago, D. José Fernández Lago, bendeciu o belén de grandes dimensións, propiedade da catedral de Santiago, e que, ao igual que o ano pasado, quedou instalado na igrexa de Santo Agostiño. Este belén está realizado en estilo napolitano. Conta con arredor de cincocentas figuras, realizadas de maneira artesanal, vestidas, e moitas deles con automatismos que permiten darlle movemento. Con preto de 50 m2, vai estar na igrexa de Santo Agostiño, importante templo compostelán situado ao carón da Praza de Abastos e pertencente á Compañía de Xesús. Ademais do Nacemento de Xesús, a Anunciación aos pastores e o cortexo dos Reis Magos, represéntanse multitude de esceas de vida cotiá e oficios tradicionais. E propiedade da Catedral de Santiago, grazas á colaboración de Turismo de Galicia.
Poderase visitar ata o próximo 8 de xaneiro, de 10 h a 14 h e de 16 h a 19 h (excepto durante os horarios de misa, entre as 12 h e as 12:30 h, aproximadamente).