
Durante este ano, a Fundación Catedral está a traballar no proxecto de investigación, catalogación e difusión das coleccións de pintura que atesoura a basílica xacobea. Trátase dunha iniciativa que nace grazas as axudas do Programa FO200 da Deputación da Coruña, de axudas a fundacións titulares de museos para o desenvolvemento de actrividades culturais, e ten unha dobre vertente; por unha banda, realizar unha completa invesgación, no ámbito cienfico, da colección pictórica da catedral compostelá, tanto das pezas actualmente expostas no Museo como daquelas que se atopan en almacéns e outros espazos do complexo catedralicio.
Os traballos quedarán recollidos nunhapublicación monográfica, elaborada a modo de catálogo, así como a celebración dunha xornada divulgativa. Paralelamente, os resultados desta invesgación serán adaptados para poñelos a disposición da sociedade mediante a realización dun monográfico na web do Museo Catedral no que se incluirá un catálogo dixital de tódalas pezas que conforman a colección e realización dunha exposición virtual no mesmo portal web e na páxina que ten a Fundación Catedral en Google arts & culture.