A Fundación Catedral de Santiago continúa a desenvolver o proxecto de renovación de iluminación no Museo. Nestes momentos acábanse de rematar os traballos correspondentes sala de arte románica, situada na planta baixa do edificio claustral.
O proxecto permitiu renovar as luminarias, substituíndoas por novos focos led, o que permite mellorar a eficiencia enerxética. Ademais fíxose unha nova distribución, de maneira que a iluminación súmase ao concepto expositivo, resaltando os aspectos destacados da arquitectura.
Estes traballos foron realizados coa colaboración do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), da Xunta de Galicia.
A Sala de Arte Románica expón diversas pezas procedentes da fábrica medieval da catedral, entre as que destacan as que formaban parte da desaparecida fachada norte ou Francíxena, actual fachada da Acibechería, desmontada e reformulada a partires do século XVIII, ata a súa apariencia actual. Da antiga fachada proceden, entre outras pezas, os cinco magníficos fustes entorchados, do século XII, realizados en mármore.