Concerto «A Paixón segundo San Xoán», de Bach, na igrexa de San Martiño Pinario

A Paixón segundo San Xoán, de Johann Sbastian Bach, soará o vindeiro venres 19 de xuño na igrexa de San Martino Pinario. A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá este concerto, acompañada do seu Coro e baixo a dirección de Carlos Mena. Será ás 20:00 h, e as entradas pódense adquirir na web do Museo Diocesano (museodiocesano.gal). Trátase dunha iniciativa que se enmarca no programa Compostela Sacra, promovido dende o Arcebispado e a Fundación Catedral.

O programa detense nunha das obras cume da música sacra occidental. Estrenada en Leipzig en 1724, esta monumental composición para solistas, coro e orquestra recrea o relato da Paixón de Cristo, tal e como a narra o evanxeo de San Xoán, combinando dramatismo, profundidade espiritual e unha extraordinaria riqueza musical. A través de corais, arias e grandes escenas corais, Bach transforma o texto evanxélico nunha intensa experiencia artística e relixiosa, onde a forza narrativa únese a unha profunda reflexión sobre o sufrimento, a fe e a redención.

CONCERTO

Paixón segundo San Xoán – Johann Sebastian Bach

Orquestra Sinfónica de Galicia

Coro da OSG

Carlos Mena, director

Solistas: Jone Martínez, Carlos Mena, Juan Sancho, Josep Ramón Olivé, José Coca

Javier Fajardo, director do coro

Igrexa San Martiño Pinario (Pza San Martiño Pinario)

Venres 19 de xuño de 2026, 20:00 h

Descargar programa