
Esta mañá asinouse una acordo de colaboración entre a Catedral de Santiago e o Museo do Pobo Galego, co obxectivo de axudar na nova montaxe museística que está desenvolvendo o Museo do Pobo Galego. Grazas a este acordo, o Museo da Catedral vai prestar varias pezas de orixe medieval, para que poidan ser expostas nas novas salas do edificio de San Domingos de Bonaval. O convenio foi asinado polo Deán da Catedral, José Fernández Lago, e polo presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi.