
O 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos, que conmemora a creación do Consello Internacional de Arquivos en tal día do ano 1948. O Cabido da S. A. M. I. Catedral de Santiago de Compostela e o seu Arquivo-Biblioteca organizan varias xornadas para promover o valor do Arquivo da Catedral e dos arquivos en xeral ao servizo da investigación, a cultura, a memoria e a transparencia.
> Xornadas de Portas Abertas para que calquera cidadán poida acceder e coñecer directamente os espazos, funcionamento e fondos do Arquivo Catedralicio, mediante a organización de visitas guiadas e gratuítas, ao tempo que continuarán os servizos habituais do centro, incluído o de consulta en sala. Este ano as xornadas realizaranse dende o día 9 ata o 13 de xuño. As visitas constarán de:
-Un percorrido explicativo polas estancias do Arquivo e Biblioteca, con acceso non so á área pública senón tamén as salas de catalogación e aos depósitos bibliográficos e arquivísticos, onde se custodia o valioso patrimonio documental da Catedral, incluíndo a Sala Capitular e a Biblioteca Histórica Capitular
-Na Sala López Ferreiro poderanse apreciar tres documentos orixinais dos máis representativos do Arquivo: o Códice Calixtino, un dos máis valiosos de Galicia e da Igrexa de España, clave n estudio do culto ao Apóstolo e do Camiño de Santiago ; o Tumbo A, cartulario dos séculos XII e XIII ilustrado cos retratos dos reis de Asturias, Galicia, León e Castela; e o Breviario de Miranda, manuscrito para uso litúrxico realizado no século XV, destacando as súas espectaculares miniaturas.
-Na Biblioteca Capitular visitarase a exposición “Galicia Histórica: 100 follas de historia e documentos composteláns” con motivo da publicación dos 100 primeiros números da folla voandeira do Arquivo-Biblioteca da Catedral, que permanecerá dende o día 6 de xuño ata o día 22 de xuño.
-Ao rematar a visita os visitantes recibirán un agasallo de lembranza.
Como sempre, os interesados poden acceder a toda a información sobre a nosa institución na páxina web do Arquivo.
DATOS VISITAS GUIADAS DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS
– Días e horarios:
Luns 9 de xuño de 2025 (16:30 y 18:00)
Martes 10 de xuño de 2025 (10:30 y 18:00)
Mércoles 11 de xuño de 2025 (10:30 y 18:00)
Xoves 12 de xuño de 2025 (10:30 y 18:00
Venres 13 de junio de 2025 (10:30)
– Duración da visita: 60 minutos aprox.
– Grupos de ata 15 persoas (máximo).
– Imprescindible realizar reserva previa (reserva aberta ata completar prazas o mesmo día da visita unha hora antes; máx. 4 plazas por reserva).
– Información e reservas:
Teléfono: 981 57 56 09 Atención: Luns-Venres (09:00 – 13:30) y Luns-Mércores (16:30 – 19:00)
E-mail: archivo@catedraldesantiago.es
As reservas formalizaranse por estricto orden de recepción de chamadas e/ou correos.