O Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco Prieto, preside este martes 30 de decembro, a partir das 11:30 h, na Catedral, a Festividade da Traslación do Apóstolo Santiago. Nela conmemórase o traslado do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, despois do seu martirio en Xerusalén, ata Galicia, para recibir sepultura no lugar no que hoxe levántase a catedral. Durante a misa ten lugar a tradicional Ofrenda Nacional, por parte do Excmo. Sr. Delegado Rexio, nesta ocasión D. Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.
A cerimonia será retransmitida en directo pola TVG