Plan Director
PLAN DIRECTOR CATEDRAL DE SANTIAGO
O Plan Director da Catedral de Santiago establece as obras necesarias para a súa restauración e garantir a súa conservación. Unha análise previa, a partir de 25 áreas de estudo, detectou 534 patoloxías que afectan as fábricas da catedral, que se agruparon en 10 tipos diferentes de lesións:
- Danos estruturais
- Deterioración de pedra granítica
- Acción de humidades
- Suciedade de contaminación
- Actuacións perturbadoras
- Carpintarías deficientes
- Reixas en mal estado
- Acabados interiores deteriorados
- Elementos mal trazados
- Defectos en instalacións
O Plan Director tamén establece novos usos e reordena espazos, de manera especial o claustro, para mellorar os servizos ofrecidos polo Museo.
En función das prioridades e urxencias de actuación, o Plan Director organiza un programa de 89 intervencións: prioritarias, secundarias e de remate.
O coste total estimado das obras é de 30 millóns de euros.