O Obradoiro CAB visita a catedral con motivo do seu ascenso á Liga ACB

Esta tarde, xogadores, directivos e equipo técnico do Obradoiro CAB visitaron a a catedral, onde realizaron unha ofrenda ao Apóstolo Santiago como agradecemento polo seu ascenso á Liga ACB. Foron recibidos polo Deán da catedral, quen lles dirixiu unhas agarimosas palabras.