A Xunta de Galicia continúa no reforzo do mantemento da seguridade na Catedral de Santiago, debido ás necesidades especiais que se derivan tanto dos efectos da pandemia como da celebración do Ano Santo, extendido ao 2022.
Neste sentido, vense de asinar un convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago, para o apoio e reforzo da seguridade no complexo catedralicio. Grazas a este convenio, habilitaranse para estas necesidades un total de 48.568,12 euros.