
Como parte do proxecto de investigación, catalogación e difusión das coleccións de pintura que atesoura a basílica xacobea, o Museo Catedral de Santiago pon a disposición do público un monográfico sobre a síua colección de pintura. Neste sentido, elaborouse un apartado na web museocatedraldesantiago.gal no que se pode navegar a través das distintas épocas históricas e as principais obras pictóricas deses tempos, acompañadas de textos explicativos e de imaxes. O monográfico virase ampliado proximamente, coa inclusión dunha reportaxe dixital de Google Arts&Culture, así como cun novo apartado audiovisual que conterá vídeos divulgativos sobre o proxecto e determinadas pezas, salientables pola súa relevancia na historia da catedral de Santiago.
O monográfico pode consultarse aquí.
Este traballo realízase grazas ás axudas do Programa FO200 da Deputación da Coruña.