A SD Compostela renova a súa tradicional visita á catedral

O equipo de fútbol SD Compostela regresou esta mañá á catedral, para renovar a súa habitual visita con motivo do inicio dunha nova temporada de competición. Tras acadar o ascenso á categoría 2º RFEF, xogadores e equipos deportivo e técnico, quixeron realizar unha ofrenda ao Apóstolo Santiago antes do primeiro partido, que se disputará este domingo no estadio de San Lázaro. Foron recibidos polo Deán, quen dirixiu unhas palabras de ánimo e agradecemento, poñendo á ofrenda ante o Apóstolo Santiago.