Co obxectivo de reforzar e mellorar a atención aos peregrinos que chegan a Santiago, a Xunta de Galicia, a través da súa Axencia de Turismo asinou un convenio de colaboración coa Catedral de Santiago. O convenio ten un importe de 162.064,60 euros e vai permitir movilizar os recursos necesarios para facer os axustes necesarias na acollida ao peregrino á súa chegada a Santiago, neste Ano Santo, e, especialmente, nestes meses nos que a afluencia de camiñantes está a medrar.