Segunda fase do proxecto editorial “A Catedral de Santiago, unha visión integral”

Durante todo o ano 2019 continuouse co desenvolvemento do proxecto editorial “A Catedral de Santiago, unha visión integral”, co obxectivo de finalizalo de cara ao próximo Ano Santo 2021. Este proxecto, de grandes dimensións, estase a realizar co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.

A iniciativa consiste nunha obra compilatoria que axudará a unha comprensión integral da Catedral de Santiago, explicando a complexidade e excelencia do proceso construtivo do conxunto catedralicio, das circunstancias e evolución da súa  materialidade física ao longo dos séculos, e da relación material e inmaterial entre o templo, a cidade e o Camiño de Santiago, completada cun  rigoroso diálogo interdisciplinar entre historiadores, historiadores da arte, arqueólogos, arquitectos e restauradores, e enriquecida cunha reflexión compartida con outras disciplinas  humanísticas e teolóxicas.

Todo este proceso comenzou en 2018 cos traballos preliminares e agora, durante o ano 2019, continuose coa redacción e entrega dos diferentes traballos monográficos. Ademais, completouse o texto narrativo que constituirá o primeiro tomo da obra compilatoria (que aglutina os estudos históricos e de historia da arte, así como os do proceso constructivo do templo e da relación do mesmo coa cidade de Santiago e os camiños). Este texto titúlase “A Catedral dos Camiños”, e foi sometido posteriormente a revisión por todos os historiadores, historiadores da arte e técnicos cuxos textos serviron de base para a elaboración da síntese final, producíndose a conformidade dos especialistas involucrados con ese resultado.

De maneira paralela, e co obxectivo de discutir e concretar aspectos dubidosos, realizáronse catro seminarios ao longo do ano que serviron para avanzar na formulación consensuada de conclusións entre historiadores e técnicos.

Tamén se encargou a realización de infografías e reconstruccións gráficas do templo, que servirán de apoio gráfico á publicación, así como reportaxes fotográficos.

Por último, procedeuse a elaborar as traduccións ao inglés e o galego do texto do primeiro tomo, e comezouse a definir o proceso de produción da publicación, en canto a formato e calendario, para asegurar a finalización dos tomos ao longo do ano 2020.

O proxecto continuará a desenvolverse durante 2019 e 2020 cunha metodoloxía que promove a interdisciplinariedade e a unicidade das distintas aportacións expertas, de forma que en 2021 se culmine cunha efectiva “Visión Integral da Catedral de Santiago”.